CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Veloso recupera as bicis roubadas: "Non eran expertos en ciclismo. Unha xa a venderan por un prezo ridículo, 50 euros"

01/06/2020 - 15:42 h

O ciclista galego Gustavo Veloso contou en Zona Mixta como foi o de recuperar as bicis que lle roubaran: "A bici xa a venderan por unha cantidade ridícula, pero a policía seguiu boas pistas. Colleron un dos responsables, e a través del ao outro. Foi un traballo en equipo. Compartilo en rrss tamén"

Contou que os ladróns eran afeccionados, afortunadamente: "Non eran profesionais, senón xente con adiccións. Unha das bicis só a utilizaron para transportarse. Non tiñan nin idea do que tiñan entre mans. Só falta o ciclocomputador, nada importante co prezo das dúas bicis, que estaban sobre dez mil euros"

Sobre como se sentiu despois de que a Policía llas entregara: "Levo vinte anos afeito a andar con este material, non quero nin pensar no non profesional que investiu eses cartos. Levei, iso si, unha alegría como se che regalan algo. Agora a seguir coa vida, non deixa de ser algo material. Preocupábame máis a inseguridade do roubo.  Afortunadamente non eran profesionais e xente violenta nin con malas intencións, e iso tranquilizoume de cara á familia e que estean tranquilos na casa cando eu non estou"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso