Un País Mundial
Temporeiros galegos en Suíza: Xesús Gómez Antelo
Ata 2002 houbo en Suíza moitos "saisonniers": traballadores estranxeiros que só podían estar no país 9 meses ao ano, sen dereito a cambiaren de traballo, a dispoñeren de aloxamento propio ou a levaren a familia con eles. Unha exposición da cidade de Xenebra recupera a memoria dos temporeiros e temporeiras como Xesús Gómez Antelo, que traballou como "saisonnier" durante 8 anos, lonxe do seu fillo e coa súa compañeira como inmigrante clandestina.