CRTVG

Buscar

Regresan as retransmisións futbolísticas á Radio Galega

Este sábado, Alfonso Pardo conduce unha edición especial de Galicia en goles para contar a emoción do fútbol de verán. Desde as seis da tarde, os micrófonos da emisora autonómica estarán en tres frontes. A primeira, en Riazor, onde o Deportivo da Coruña e o Granadilla de Tenerife disputan o trofeo Teresa Herrera feminino. Alfonso Núñez encargarase da narración dos noventa minutos de xogo, coa apoio nos comentarios da especialista Rocío Candal.

A segunda cita da tarde reúne en Balaídos ao Celta de Vigo e a Lazio de Roma, co Memorial Quinocho en xogo. A unha semana do comezo da Liga, o equipo de Escribá preséntase ante a súa afección cun ambicioso proxecto para mellorar a clasificación da pasada temporada e mesmo aspirar á zona dos postos que conducen a Europa. Roberto Carlos Carballo trasladará a emoción do que suceda no céspede, cos comentarios de Víctor López e Moncho Carnero. O cadro vigués debutará na casa o bado 17 na Liga de Primeira recibindo ao Real Madrid.

Haberá o bado un terceiro encontro en xogo, porque despois do feminino chegará en Riazor o partido masculino polo clásico Teresa Herrera entre o Deportivo e o Real Betis. Alfonso Núñez, desta volta, estará acompañado por Millán Gómez e Xosé Manuel Traba para retransmitir o partido de presentación do equipo herculino antes de debutar na Liga de Segunda o domingo 18 ante o Oviedo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí