CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Radio Galega e Radio Galega Música chegan a Europa en alta definición

01/02/2020 - 09:30 h

As emisoras públicas de Galicia Radio Galega e Radio Galega Música comezaron a emitir en Europa a través do satélite Astra, este sábado 2 de febreiro. Ata o de agora, as emisións da emisora pública galega só chegaban por satélite ao continente americano. 

Pola súa parte, a Televisión de Galicia comezou a emitir para Europea en alta definición (HD). Para recibir o sinal da canle pública galega a maior resolución de imaxe e son, os usuarios deben resintonizar o receptor de satélite, sen necesidade de reorientar as antenas.

Tras un mes de funcionamento, a canle pública galega deixará de emitir en marzo na definición estándar (SD) para ofrecer os seus contidos exclusivamente en alta definición.

A CRTVG emite o sinal da TVG e G2 en HD desde o pasado 26 de marzo, data en que os traballos realizados na dixitalización da Corporación, na estabilización da plataforma e o acceso ao múltiplex, fixeron posible que a Televisión de Galicia sexa a única televisión con máis dunha canle en España que as emite todas nesta calidade na TDT.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia