CRTVG

Buscar

Destacados

'Galicia en goles' regresa ao seu horario habitual esta fin de semana

30/05/2020 - 15:46 h

Galicia en goles recupera a programación habitual da fin de semana desde o próximo sábado, 6 de xuño.

Coa recomezo da Liga de fútbol, o programa volve ao horario convencional, de tres da tarde a once da noite. Con Xoán Galán estarán nos estudios de San Marcos Rodrigo Pérez e o humorista David Noya, xunto ao equipo de locutores, reporteiros e analistas espallados polos campos onde compitan os nosos equipos.

A volta da Liga de Primeira e Segunda está prevista para a semana do 8 de xuño, pero desde o próximo sábado Galicia en goles irá quentando motores co seguimento aos tres grandes, Celta, Deportivo e Lugo. Ademais, o programa visitará os clubs máis modestos, que unha vez rematados os seus campionatos dan o salto de categoría en Galicia.

Durante os meses de xuño e xullo, en que se van celebrar as once xornadas que restan, a programación deportiva da Radio Galega queda deste xeito: Zona mixta, de luns a venres, de 15 a 16 horas; Ao contraataque, de domingo a xoves, de 23 a 00 horas, Galicia en goles, venres, de 21 a 00 horas, e Galicia en goles fin de semana, de 15 a 23 horas.

Ademais, continúan nas súas faixas habituais Gas a fondo, os sábados ás once da noite, e Galicia en Toquio, os sábados ás once e media da noite.

Cortes dos diferentes programas da RG