CRTVG

Buscar

Destacados

Os novos accesos á cidade

11/11/2019 - 11:00 h

Na Coruña, o tema do debate foron os novos accesos aos polígonos da cidade, a conexión do porto exterior cunha estrada estatal sen peaxe e o proxecto de construción da cuarta circunvalación.

Participaron o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; Juan Manuel Díaz Villoslada, concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña; Martín Fernández Prado, ex-concelleiro popular que encargou o estudo da cuarta circunvalación da cidade; Alfredo Candales, xerente do polígono de Pocomaco, e David Carro, presidente de IFFE, que explicou o estudo de xeración de riqueza para A Coruña e a área metropolitana.

Cortes dos diferentes programas da RG