Gas a Fondo
Rubén Fernández, piloto vigués no Europeo de motocrós: "Baixei do Mundial a este campionato co obxectivo de gañar"
Ademais de Jorge Prado, actual campión do mundo de MX2, Galicia conta con outro piloto que leva a bandeira do noso motocrós polas competicións internacionais.
O vigués Rubén Fernández volveu ao Europeo tras dous anos competindo no mundial.
"Baixei de campionato co obxectivo de gañar. Hai moito nivel e, a pesar de que comecei con resultados regulares, agardo ir mellorando co paso das carreiras. Aínda hai tempo".
Ao igual que Prado, Rubén tivo que marchar da súa casa para cumprir o seu soño.
"Tras os últimos tres anos vivindo en Holanda só, sen a familia, ao cambiar de equipo trasladeime a Italia. Ao principio non foi doado, porque non controlaba ben o inglés. Apañeime como puiden".
Fernández marcha sexto do campionato de Europa tras dúas probas disputadas.