CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Fabiola García: "Nos primeiros meses de 2020 estarán en funcionamento 23 novas casas niño"

30/09/2019 - 08:21 h

A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirma que "nos primeiros meses do ano 2020 estarán en funcionamento" 23 casas niño que formarán parte da nova liña de axudas extraordinarias para instalalas naqueles municipios que aínda non dispoñen de ningunha.

Fabiola García di que "o que queremos desde a Xunta de Galicia é darlle cada día máis facilidades de Galicia e que os recursos de conciliación non só sexan a disposición das familias que viven nas grandes cidades, senón tamén das familias que viven no rural galego, e por iso a partir de agora todos os concellos de Galicia poderán contar cun recurso de conciliación con casas niño, que estenderemos estas liñas de axudas para os 23 concellos que aínda non teñen esta opción".

Fabiola García explica que "no debate do estado da autonomía considero que quedou claro que a Xunta de Galicia seguirá avanzando con máis intensidade ca nunca cara ao obxectivo de que Galicia se converta no mellor lugar para formar unha familia e, por iso, sacaremos adiante nos vindeiros meses medidas moi importantes de conciliación como que as escolas infantís serán gratuítas para os segundos fillos e sucesivos e desde a Xunta de Galicia tamén instaremos o Goberno central a que confinancie para que as escolas infantís poidan ser gratuítas para os primeiros fillos".

Di que "tamén ampliaremos as prestacións económicas para as familias, cunha Tarxeta Benvida ampliada ata os 2.400 euros para os terceiros fillos, desde os 0 aos 3 anos, isto é un claro e merecido recoñecemento para as familias numerosas e tamén incrementaremos esta Tarxeta Benvida un 25 por cento máis para as familias que viven nos concellos de menos de 5.000 habitantes. 1.500 euros para o primeiro e segundo fillo e 3.000 euros para o terceiro fillo e sucesivos".

A conselleira de Política Social avanza que "estamos traballando en que todas estas medidas poidan beneficiar as familias de Galicia nos primeiros meses do ano 2020".

Indica que "tamén lle daremos medidas aos traballadores que traballan nunha empresa privada; é necesaria a colaboración e implicación destas empresas e, por iso, a Xunta de Galicia financiará que as empresas contraten persoal de atención á infancia para que os seus traballadores poidan conciliar, para que poidan ir traballar co seu fillo ou a súa filla e alí dispoñan dunha escola infantil pequeniña, cun horario flexible e adaptado ás necesidades dos traballadores".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia