CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Mariló Candedo: "A nosa intención é presentarnos ás eleccións pero é prematuro avanzar a fórmula"

30/01/2020 - 08:13 h

A nova parlamentaria de En Marea no Pazo do Hórreo manifestou esta mañá nunha entrevista no GXD a intención do seu partido de presentarse ás vindeiras eleccións autonómicas. Engadiu que esta é a mellor maneira de contribuir a que exista unha alternativa de goberno ó PP e aproveitou para aclarar que agora que En Marea conta con cinco representantes na Cámara galega van solicitar grupo propio coa expectativa de poder desenvolver mellor o labor parlamentario.

Tamén se manifestou sobre a determinación do presidente da Xunta de reclamar nos tribunais a débeda do Estado. Sen revelar a súa postura ó respecto da decisión de Feijoo, manifestaba que a pesar de que non guste que exista unha eiva económica na comunidade, esta circunstancia ven motivada por decisións que no seu día se tomaron por parte do goberno, daquela do PP.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia