CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Fernando Alonso (Fundación Galega contra o Narcotráfico): "Mentres pensamos que o narcotráfico é un problema do pasado, hai submarinos nas nosas costas descargando"

26/11/2019 - 08:06 h

A Fundación Galega contra o Narcotráfico pide que non se baixe a garda xa que, segundo di, o tráfico de drogas non deixou de ser habitual nas nosas costas, a pesar de que había tempo que non se descubría un alixo coma o que traía o submarino detectado en Aldán.

"Preocupa o aumento e preocupa tanto coma ese aumento a sensación de que, ás veces, cando se fala do tema escoitamos en demasiadas ocasións falar del como se fose un problema do pasado. E iso é facerlles o xogo aos narcotraficantes".

"Se pensamos que isto é un problema do pasado, baixamos a garda, baixamos os medios de protección das nosas costas... Mentres nós pensamos que é un problema case superado do pasado, hai submarinos diante das nosas costas descargando droga. Isto é tremendamente grave e é unha ameaza importantísima para a seguridade de todos".

"Desgraciadamente, confírmase o que se viña falando, pero non había datos que o contrastasen na realidade. Non había ningunha incautación, pero agora xa se está vendo que si".

Fernando Alonso concluíu, ademais, que "non é casualidade" que aparecese este submarino e apuntou que "non creo que sexa o último que se atope".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí