CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os buracos escuros das redes sociais

26/04/2019 - 07:35 h

Hai uns días asistimos a un dos fitos científicos do noso tempo: a primeira representación fotográfica dun burato negro. O traballo de moitas persoas ao longo de varios anos deu este froito, que tivo como cara visible á doutora en enxeñaría eléctrica e ciencias da computación Katherine Bouman.

En efecto, as súas contribucións foron esenciais para este achado, pero nas redes sociais, xunto coa avalancha de parabéns e mensaxes inspiradoras para as xeracións máis novas, asistimos tamén a diferentes intentos de desprestixiar a esta científica, minusvalorando o seu papel e mesmo acusándoa de apropiarse do traballo dos seus compañeiros.

Por sorte, o código aberto dos algoritmos empregados para a creación da xa famosa imaxe, e mais o desmentido rotundo dos seus colegas, puxeron rápido fin, desta volta, a ese lado escuro ao que as mulleres se enfrontan nas redes sociais cando os seus logros acadan repercusión.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia