CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Antonio Fontenla: "As medidas do Goberno suporán un aumento de imposicións fiscais de máis de 6.000 millóns"

25/10/2019 - 08:16 h

O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e portavoz da patronal galega falou este venres no Galicia por diante da situación económica.

Os empresarios amosan a súa "preocupación" polo aviso da Comisión Europea de que as contas públicas de España deixarán un burato extra no déficit duns 6.600 millóns de euros, xa que ao ter os orzamentos prorrogados, o Executivo en funcións ten pouca marxe de manobra para tomar decisións económicas.

"Vémolo con moitísima preocupación porque en realidade todas esas medidas que ten pensadas o Goberno suporán un aumento das imposicións fiscais de máis de 6.000 millóns de euros. Son uns 6.000 millóns que se retiran da economía e que se levan ao gasto".

Antonio Fontenla tamén amosou a súa preocupación pola caída da industria, sobre todo porque suporía unha perda de emprego de calidade. Por iso, di o voceiro dos empresarios, hai que protexer e fomentar a industria, para que teña máis peso dentro do PIB galego.

Como exemplo, puxo a central térmica das Pontes, Alcoa-San Cibrao, os estaleiros de Vigo ou os aranceis dos Estados Unidos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia