CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O conselleiro do Medio Rural, José González, aposta por unha nova política agraria común sen recortes orzamentarios

24/07/2020 - 08:23 h

Nunha entrevista no Galicia por diante, José González ve con preocupación que se tente reducir máis de 40.000 millóns de euros do presuposto global da PAC para os próximos sete anos e pediulle ao Goberno central que continúe negociando un aumento dos orzamentos comunitarios.

José González asegurou que os cartos destinados a desenvolvemento rural nos Fondos Europeos de Reconstrución aprobados esta semana, 7.500 millóns, trasladan unha idea de pouca atención cara aos agricultores e gandeiros.

O conselleiro do Medio Rural tamén lle pediu ao ministro de Agricultura, Luís Planas, que o límite máximo de percepción de axudas da PAC se reduza ata os 60.000 euros para beneficiar as explotacións máis pequenas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia