CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manuel Bouza: "Os fondos de compensación teñen que vir coa central en marcha"

23/01/2020 - 08:25 h

Os transportistas de Endesa seguen á espera dunha solución para a planta das Pontes. Despois da xuntanza de onte co comité de crise na Consellería de Industria, confían en que a comarca será beneficiaria de importantes axudas para a transición enerxética.

Así o asegurou no 'Galicia por diante' da Radio Galega Manuel Bouza, voceiro dos transportistas. "Falouse dos fondos que van vir, pero iso será dentro dun ano e medio ou dous anos, nunca antes", explicou, "pero teñen que vir coa central en marcha".

Bouza sinalou que "virá diñeiro, bastante capital; pero, antes de que chegue, a xente ten que traballar e ten que poñerse a central en marcha". Por iso, espera que as probas que se están realizando na central para usar outros combustibles "dean ben, que o Goberno sea consciente e Endesa tamén".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia