Galicia por Diante
Rosalía xa é unha estrela máis do firmamento
A Unión Astronómica Internacional ratificou as votacións da campaña NameExoWorlds 2019, en que a proposta da Agrupación Astronómica Ío da Coruña e a Fundación Rosalía de Castro venceu co 39% dos votos.
Coñecemos as impresións en directo dos seus promotores despois de saber que a escritora e o río Sar darán nome á estrela HD 149143 e ao seu expoplaneta.