CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ethel Vázquez considera frutífera a reunión co secretario de Estado de Medio Ambiente e reclama un encontro con Ábalos para falar da AP-9

15/01/2020 - 08:17 h

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, resalta no 'Galicia por diante' o "ambiente cordial e frutífero" da reunión que mantivo onte en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente. Puxéronse as bases para abordar o financiamento conxunto de obras fundamentais para o saneamento de rías e ríos, incluída a castigada ría de Pontevedra. "Unha ría da que depende o marisqueo, o turismo a acuicultura,e sobre a que pesa unha sanción europea, a posible perda de fondos europeos e o posible peche da ría".

Tras reiterar o inédito consenso para cofinanciar o saneamento e depuración de augas de vilas como Ponteareas, a Illa de Arousa ou Compostela, Ethel Vázquez reiterou a necesidade de abordar co ministro de transportes a escalada de peaxes na AP-9. Reclamou claridade entorno o acordo co BNG e realismo nas cifras. 

"Eu creo que hai tomarse as cousas máis en serio. Vimos que se asinou un acordo sen saber canto costa, sen cálculos e sen respaldo financieiro detrás. Creo que estamos a falar de cousas moi serias. Eu sempre digo que a mellor solución e a mellor proposta é aquela que se pode facer. Por tanto hai que dicir a verdade ós cidadáns e facer proposta reais e viables".

A conselleira de Infraestruturas apuntou tamén que hoxe van licitar as obras dun tramo do corredor Tui A Guarda. Os traballos poderían comezar este verán, apuntou.

"É unha obra moi necesaria, falada e acordada cos diferentes alcaldes, tamén co sector empresarial do Baixo Miño, na que se van investir da orde de 20 millóns de euros".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia