CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Falan os transportistas: as peaxes nas autovías serían "un castigo para Galicia"

14/08/2019 - 08:01 h

O presidente da Federación Galega de Transportes de Mercadorías rexeita a idea de impoñer peaxes nas autovías, aínda que sexan pequenas. Ramón Alonso asegurou no Galicia por Diante que esa medida  sería "unha barbaridade" e prexudicaría moito ao sector do transporte. Pero ademais, advirte que sería "un castigo importante para todo o que se produza e se transforme aquí".

Ramón Alonso sostén que a posibilidade de establecer peaxes nas autovías só beneficiaría á patronal da construción, pero sería mala para os produtores galegos e os transportistas. Alonso asegura que o Goberno debería descartar esa opción "e poñer as cousas no seu sitio".

O presidente de Fegatramer entende que os impostos que pagan os transportistas e o resto dos usuarios polo combustible son máis que suficientes para financiar o mantemento das autovías. 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí