CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ángeles Vázquez: "Precísase unha prevención para os que traballan alí, os que viven alí e para os que visitan os parques"

13/11/2019 - 08:22 h

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, explicou no Galicia por diante da Radio Galega os detalles do novo Plan de Autoproteción do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se puxo en marcha onte. O parque, conformado por catro illas, convértese no terceiro de España que activa este tipo de medidas.

O plan busca organizar a coordinación de recursos humanos e materiais para previr situacións de emerxencia e actuar coa maior celeridade no caso de producirse unha.

"Precísase unha prevención para os que traballan alí, os que viven alí e os que visitan os parques".

Vázquez destacou a importancia da coordinación entre os diferentes grupos de intervención, especialmente polo feito de que o parque estea constituído por catro illas.

A conselleira tamén se referiu á posibilidade de que o parque entre na categoría de Patrimonio da Humanidade: "Os deberes están feitos e toca agardar".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia