CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Afectados do Marisquiño: "Antes das eleccións todo o mundo quería unha foto con nós, despois, non se moveu un papel"

12/08/2019 - 08:07 h

Julio López, Presidente da Plataforma de afectados polo accidente do Marisquiño 2018, "Antes das eleccións todo o mundo quería unha foto con nós, despois, non se moveu un papel". 

A poucas hora de que se cumpra un ano do  derrubamento dun peirao en Vigo durante a festa do Marisquiño, no que resultaron feridas 377 persoas, os integrantes da Plataforma de Afectados aseguran que só lles queda "agardar a que pase o tempo para esquecer o día".

Nunha entrevista no Galicia por Diante, Julio López, o seu presidente, inisiste en que "a ferida dos prexudicados non está pechada". Faino en relación a unhas declaracións realizadas polo responsable de prensa de Festa do Marisquiño, José Luis Estévez,  nas que aseguraba que a elevada afluencia de xente na edición 2019 enmendaba, dalgún xeito, o accidente do ano pasado. López insiste en que, o feito de que cada vez se máis xente na celebración, "non pecha unha ferida desa envergadura".

Engade que os prexudicados non se senten respaldados polas administracións xa que trala campaña electoral e os comicios, quedaron no esquecemento. Asegura ademais que a comisión parlamentaria que investiga o accidente "non serviu absolutamente para nada". No vindeiro mes de setembro o proceso xudicial dará paso á comparecencia dos peritos, momento no que a Plataforma presentarase como acusación particular. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia