CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pablo Arangüena (PSdeG): "Con estes resultados, haberá un cambio no goberno autonómico"

11/11/2019 - 08:39 h

O socialista Pablo Arangüena di que os socialistas galegos teñen unha "satisfacción sen paliativos" tras os resultados de onte. Arangüena afirma que houbo un empate técnico entre o PP e o PSOE, tanto en votos coma en deputados, xa que a diferenza entre as dúas formacións foi de menos de 10.000 votos.
Indicou que as opcións progresistas en Galicia conseguiron onte o 54 por cento dos votos, fronte ao 44 da dereita.

"Estamos absolutamente convencidos de que nas próximas eleccións autonómicas, se hai unha mobilización adecuada, haberá un cambio de goberno autonómico".

Pablo Arangüena descarta, ademais, que o PSOE chegue a un pacto co PP, como apuntou Podemos.

"A proclividade de pactar coa dereita por parte do noso partido é... ía dicir escasísima, pero vou dicir que é inexistente. En cambio, ao mellor algúns teñen que pensar se non son eles un instrumento eficaz, ou moito máis eficaz do que moitos quereriamos, da dereita".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí