CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Roi Casal viaxa a Cuba para presentar 'Son galego, son cubano': "É unha xira de país"

10/10/2019 - 11:05 h

Falamos co artista Roi Casal minutos antes de que embarque no aeroporto de Alvedro para presentar o seu último traballo, "Son galego, son cubano".

O compositor destacou o enorme simbolismo de partir da Coruña, igual que os barcos de emigrantes hai 100 anos. Para el, "é imperdoable que non se coñeza a historia de Galicia en Cuba, e como se construiu Galicia dende alá".

Gravará o concerto no Gran Teatro Galego da Habana e xirará por toda a illa. Xunto a el estará como correspondente da Radio Galega Isabel Pichel, quen explicará os detalles dun proxecto que conta con material inédito, como os vídeos dos últimos meses de vida de Xosé Neira Vilas traballando neste proxecto.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí