CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os partidos do Lugo, Dépor e Obradoiro, no 'Galicia en goles'

10/10/2019 - 12:39 h

As retransmisións deportivas da fin de semana comezan o venres na Radio Galega. Ás oito e media do serán, Paco Santos conduce o primeiro Galicia en goles coa atención posta no Guardés-Gran Canaria da liga de balonmán feminino e no Palencia-Breogán da LEB Ouro de baloncesto.

O sábado, ás tres, o programa que dirixe Xoán Galán estará centrado no Almería-Lugo, de Segunda División A e no Tenerife-Obradoiro, da Liga ACB de baloncesto. Ademais xóganse tres encontros da Terceira de fútbol, xunto ao Deportivo-Raio Vallecano da Liga feminina e o Cangas-Nava de balonmán.

O domingo, ás doce, a Segunda B será a protagonista cos partidos Oviedo B-Racing de Ferrol, Atlético B-Coruxo e Celta B-Majadahonda. O Fabril-Somozas, de Terceira, e o ProTour de tríatlon en Pontevedra completan a oferta matinal.

A partir das tres, o As Palmas-Deportivo, de Segunda, xunto aos catro encontros da Terceira que completan a xornada centrarán a edición de tarde. Ademais haberá espazo para o baloncesto de LEB co Basket Coruña-Almansa.

As outras ofertas deportivas da fin de semana emítense o sábado. Á unha do mediodía, Convivir deportivo chega a Muimenta, desde onde Alfonso Pardo entrevista os protagonistas da recuperación dos xogos tradicionais. Ás once da noite, Gas a fondo dedica unha edición especial ao campión de España de karting, o santiagués Hugo Sánchez, un rapaz de 10 anos de idade que apunta talento para o futuro no mundo do motor. E ás once e media, Toni López García continuará o ciclo de entrevistas no programa olímpico Galicia en Toquio.

Todas as emisións deportivas da Radio Galega poden seguilas os oíntes a través da FM, TDT, radiogalega.gal e os dispositivos móbiles.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí