CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Germán Bou, xefe de microbioloxía do CHUAC: "Confío en que en 2 ou 3 meses quede como un mal soño, grazas á contención, á climatoloxía e á inmunización”

10/03/2020 - 08:46 h

O xefe de microbioloxía do Complexo Hospitalario da Coruña, Germán Bou, asegura que estamos no momento álxido da enfermidade, pero confía en que tres factores permitan a remisión do mal en poucos meses.

Por un lado, o progresivo illamento dos enfermos. Por outro, que o virus perde forza coa calor, é sensible aos raios solares. E en terceiro lugar, que van aumentando o número de persoas que se inmunizan e, o virus vai perdendo letalidade.

"Confíemos en que grazas a eses tres factores, en 2 ou 3 meses, todo isto quede como un mal soño e volvamos á normalidade".

O experto do Hospital da Coruña lembrou que na China xa viviron a fase álxida da enfermidade e os casos están comezando a remitir grazas a medidas de contención moi extremas. Italia está vivindo a situación- dixo- que se viviu na China con anterioridade.

No Galicia por diante, Germán Bou destacou igualmente que, en breve, comezarán a usar un novo kit para detectala enfermidade moi máis eficaz. É máis sinxelo co actual, detecta o COVID-19 e outros 21 patóxenos, e da resultados nunha hora. "Xa se probou e funciona moi ben", concluíu Bou.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia