CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

María Neira, directora de Saúde Pública da OMS: "En España debemos seguir en fase de contención, con avalicións permanentes por se hai cambios”

09/03/2020 - 08:12 h

A directora do Departamento de Saúde Pública da OMS, a galega María Neira, apoia que España permaneza na fase de contención do coronavirus e lembra que o alarmismo non axuda a conter o virus.

En declaracións ao Galicia por diante, Neira considerou imprescindible concentrarse en freala expansión da enfermidade e ir tomando medidas conforme cambie a situación. En cambio, non ve necesario o peche xeralizado de escolas, debido a baixa incidencia entre adolescentes e nenos.

A experta da Organización Mundial da Saúde afirma que a vacina tardará en conseguirse, pero é optimista sobre a consecución dun tratamento.

Sobre a situación en Italia, opinou que "se están tomando medidas moi dolorosas, extraordinarias e sen precedentes porque non conseguían controlala situación e tiñan algún problema con asistencia sanitaria". Na súa opinión, "son todas medidas adaptadas" á extensión do virus no norte do país e van ter impacto tanto social como economicamente.

A directora do Departamento de Saúde Pública da OMS aproveitou para felicitar o persoal sanitario, que se está esforzando ao máximo, mesmo perdendo vacacións e descanso, e concluíu solicitando cautela e temperanza.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia