CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Eleccións, dez claves

08/04/2019 - 08:05 h

Para non facer interminables as claves destas eleccións, oudesta campaña electoral, vou tratar de resumilas nun decálogo,que queda moi católico:

Clave primeira.- A desorientación dos que fan enquisas. Din que, aínda que hai moito voto decidido, os definitivos decidiranse a última semana e incluso o último día, ou incluso no colexio.

Segunda.- Como ninguén conta con maioría absoluta, dáse por suposto que se resolverá por bloques. Hai dúas loitas: gañaras eleccións ou ser o primeiro do bloque para ter a presidencia.

Terceira.- O malo é que o bloque no que está o Partido Socialista non se sabe como se vai formar. Pode chegar coa alianza PSOE-Podemos ou pódese completalo cos independentistas.

Cuarta.- A maior desorientación é a da votación da que se chama España baleira. Dela dependen pola Lei D’Hondt un cento de escanos. Poden decidir o gañador das eleccións.

Quinta.- Esta vez hai un partido novo, que é Vox, e tivo unha aparición espectacular. Da súa forza depende o bloque conservador, nos escanos que teña o no que lle roube ao PP.

Sexta.- Hai tamén dous líderes novos, que son Pablo Casado e Santiago Abascal. Non se coñece o seu tirón electoral final. Un triunfo de Casado consagraríao como líder do PP. Un fracaso abriría unha nova crise no partido conservador.

Sétima.- Nestas eleccións xógase tamén o futuro de Podemos. Trátase de saber se foi unha explosión cívica pola crise económica ou é un partido xa consolidado e con forza para esixir a Sánchez a entrada no goberno. As enquisas danlle baixada.

Oitava.- Temos tamén a proba dos independentismos, sobre todo o catalán. Non se xoga só a presenza no Congreso, senón a forza do PdeCAT, e, polo tanto, a forza de Puigdemont, cando Marta Pascal acaba de dicir que non se pode dirixir Cataluña dende Waterloo.

Novena.- Pode ser a campaña das fake news, das novas falsas, contra as que se quere loitar. E un dato que se coñeceu onte: un 36 por cento da xente que consumiu información no último mes consumiuna a través de WhatsApp.

E décima.- Fálase pouco das cousas de comer ou de como se poden resolver os problemas da xente. Á vista dos discursos e declaracións, parecen unhas eleccións catalás ou un referendo sobre a unidade de España.

Como diría o padre Astete, estes dez mandamentos encérranse en dous: polo de agora, todo é moi incerto, e con aires de ser un plebiscito de Sánchez si ou Sánchez non. E Sánchez alimenta ese papel.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia