CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

As hipotecas, gaña a banca

07/11/2018 - 08:04 h

Se hoxe se len os xornais, atópanse cualificativos terriblespara a decisión do Supremo, como aberrante ou inaudita. Se se escoita aos líderes máis populistas, chaman a unha mobilización popular masiva, como o presidente Torra chama aos cataláns pola independencia. Se se escoita ás asociacións de consumidores, falan de inxustiza e de rendición ante os intereses da banca. E osbancos están calados, agardando, supoño, a que pase o temporal.

Este estado de opinión está motivado porque se cometeronmoitos erros, por non dicir que todo foi un inmenso erro. E quizais o maior foi pensar, dicir e escribir que era seguro que os bancos tiñan que pagar o imposto e que a única dúbida era se habería retroactividade e dende cando. Foi o que dixemos aquí onte, sen ir máis lonxe. Ninguén contaba con que a Sala do Contencioso lle dese a volta á sentenza precedente e que o Supremo se enmendase a si mesmo. Ninguén podía prever talcousa. De aí a sorpresa, primeiro, e a indignación social, despois.

O meu criterio: cando unha decisión xudicial se adopta porquince votos a favor e trece en contra significa que tan defendible é unha posición coma a outra. Polo tanto, tan legal é que se faga pagar ao cliente como que se cambie e se lles faga pagar aos bancos. E digo algo máis: o que fixo o Supremo foi manter a xurisprudencia que mantivo durante trinta anos e que foi referendada polo Tribunal Constitucional. Non hai, por tanto, ningún capricho nin ansias de favorecer aos poderosos. Pero todose xestionou mal, xestionouse de desastre, e as consecuencias vanter un impacto popular tremendo. Nada menos que o desprestixio da Xustiza. Aquí hai unha condena popular previa que se conténnunha frase: “a banca sempre gaña” e iso é dunha eficaciatremenda. Hai que estar co cidadán, porque os bancos non teñenalma nin corazón. E agardo o que diga o Consello de Ministros. Se todo é tan inxusto, ten a capacidade de cambiar a lei. Apoios non lle van faltar.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia