Galicia por Diante
Guadi Galego: "O noso traballo é conseguir que as que veñan poidan vivir disto"
A artista achegouse á Radio Galega para presentar o libro sobre a súa biografía, Guadi Galego. Pola beira da canción. Veu acompañada do seu autor, Pepe Cunha, quen desvelou que haberá próximo libro sobre outro artista, Magín Blanco.
Con Guadi e Pepe repasamos a historia do libro.
"Nun primeiro momento dixen que vella vou para que escriban sobre min. Despois comenteille a Pepe que esribira sobre algúen que puidese vender máis libros", salientou a cantante de Cedeira.