CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O Rei e a bandeira española

07/01/2019 - 08:03 h

O problema da bandeira española é que ten varios problemas. O primeiro é o que di Sergio del Molino no libro 'La España vacía': que a súa xeración creceu sen esas bandeiras. O segundo é que a bandeira vermella e amarela foi e segue sendo entendida nalgunhas comunidades e por moita xente como a bandeira da extrema dereita, co cal hai cidadáns que a veneran, pero non a locen para que non os confundan. O terceiro, que nas manifestacións úsanse as bandeiras autonómicas e as republicanas, e case nunca as oficiais españolas. E o cuarto é que hai unha guerra de bandeiras que fai que se usen para a agresión, e non para a concordia nin a unidade.

Agora ben: cambiaron as circunstancias e os discursos. E, en parte, cambiaron a mellor. No ano 1983 Felipe González tiña que dicir: “Non toleraremos inertes que se vulneren os símbolos da unidade nacional”. Tamén daquela o xeneral Aramburu Topete repetía co uniforme posto unha verbas do Rei Xan Carlos: “Non podemos consentir que a bandeira da patria sexa aldraxada”. Onte, as verbas do novo rei soaban conciliadoras. Aproveitou o 175 aniversario da bandeira e o século e medio do escudo nacional para falar da unidade e da Constitución. Non houbo no seu discurso ante os militares nada que falara de aldraxe nin cousas polo estilo. Loubou a bandeira como símbolo de esa unidade. E iso si: fíxoo diante da cúpula militar, á que as Reais Ordenanzas encomendan a “custodia, honras e defensa da bandeira, como símbolo da patria e da súa unidade”. E o Rei deu un paso máis: fixouse no escudo, que é reflexo, dixo, da historia e da diversidade deste país.

Direi que todo iso está moi ben. O Rei non podía dicir outra cousa. O que eu quero engadir é o seguinte: que a bandeira estará normalizada cando ese discurso deixe de dicirse só ante os militares, que son só están dispostos a aceptalo, senón que teñen a misión de defender a bandeira. E que este país estará normalizado o día en que ese mesmo discurso poida ser dito polo partido Podemos e polos que hoxe son independentistas. Pero para iso fai falta moito tempo e algún milagre político.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia