CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Conclusións do Ministerio Fiscal

05/06/2019 - 08:04 h

Falabamos disto o pasado día 30 de maio, cando se publicou un adianto das conclusións dos fiscais. Onte, cando as expuxeronos catro, deuse o que se chama un salto cualitativo: Javier Zaragoza no só falou de rebelión, senón que por primeira vez incorporou a expresión "golpe de Estado". Esa definición ata agora só estaba nalgúns discursos políticos da dereita e nalgunhas reflexións de analistas. Agora está na doutrina do Ministerio Fiscal.

Esa é a miña primeira aproximación aos informes. A segunda é que a clave de todo é se houbo ou non houbo violencia ese esa violencia foi organizada ao xeito dunha organización criminal. E os fiscais non teñen dúbida: si foi organizada dende arriba e non fai falta que haxa armas nin exército. Houbo unha violencia visible, contrastada e demostrada nos ataques ás forzasda orde do Estado e na presión exercida sobre eles cuns responsables que son os Jordis, Sànchez e Cuixart, que funcionan como "amos e señores da rúa". Houbo toda unha conspiración, unha sublevación chamada a romper con España e co sistema constitucional. Para os fiscais non foi un conflito de orde pública, senón un levantamento contra a Constitución. Esa é a clave damirada dos fiscais.

Non coincide co criterio da Avogacía do Estado, que non ve violencia estrutural e, polo tanto, deixa os sucesos en sedición,que ten unha pena máis pequena. Como a Avogacía do Estado depende directamente do Goberno, quedará sempre a dúbida de se a señora Seoane obedece instrucións de Sánchez. Non é doado de demostrar, pero a dúbida queda aí.

A seguinte consideración é sobre Oriol Junqueras. Segundo Javier Zaragoza, é unha das cabezas visibles da trama, por non dicir a cabeza decisiva. Sobre el debería caer, segundo a Fiscalía, a condena máxima de 25 anos. O que sorprende, se é certa a teoría de Zaragoza, é como Junqueras seduciu a todo o mundo, pasando por ser o home máis dialogante no que se pode confiar porque é un independentista realista e pragmático. Nese engano caeron xornais, analistas e a propia Soraya Sáenz de Santamaría.

E así as cousas, quérome fixar na primeira reacción de Torra, do que pensabamos que ía convocar eleccións despois da sentenza. Non é así. Torra quere quedar ata ter a constitución do Estado catalán. Hai que agardar a ver que din hoxe as defensas e hai que agardar sobre todo a sentenza. Mentres non a haxa, todos son procesados, pero inocentes. Se deixan de selo, Torra vai ser o auténtico rebelde. Estase tramando, Valiñas, a segunda parte do 'procés'. E non pinta ben.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia