CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

María Eugenia Díaz, integrante da xestora da Concapa: "A nova lei educativa é totalmente unilateral e prexudicial para a escola concertada"

05/03/2020 - 08:20 h

A Confederación Católica de Pais rexeita a reforma educativa promovida polo Goberno. María Eugenia Díaz, integrante da xestora da Concapa, critica que o Executivo central "non contase con ninguén para facer a lei, nin profesorado nin pais". Ao seu xuízo, é unha lei "moi unilateral e prexudicial para a escola concertada".

Díaz explica que a lei dá menos peso á escola concertada e que a liberdade de elección dos pais será máis ben administrativa.

"Os pais deben poder escoller con liberdade o colexio dos seus fillos. Se non poden ir por cuestións económicas, non hai esa liberdade".

Ademais, a integrante da xestora da Concapa critica que á materia de relixión "non se lle dea a importancia que ten", que se recupere Educación para a Cidadanía, que se lles dea "máis peso ás comunidades autónomas en materia de lingua" e que se pase de curso na ESO cunha materia suspensa "non cremos que sexa correcto".

A xuízo de María Eugenia Díaz, no texto aprobado polo Goberno, "bo en realidade non vemos nada".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia