CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Rogelio Carballo, presidente da Confapa Galicia: "Esta reforma pon en valor as demandas que fixeramos á LOMCE no seu día"

05/03/2020 - 08:13 h

As ANPA galegas saúdan o novo proxecto de Lei de educación deseñado polo Goberno e que será remitido en breve ao Congreso para a súa aprobación.

Rogelio Carballo, presidente da Confederación Galega de ANPA de Centros Públicos, asegurou no Galicia por diante que a reforma recolle boa parte das demandas realizadas polos pais e nais ante a LOMCE.

"Esta reforma pon en valor as demandas que fixeramos á LOMCE no seu día en cuestións como as reválidas, como a necesidade de facer aquela hiperdiversificación que se facía nos ciclos primeiros da educación secundaria, e recuperar o control sobre a educación dos nosos fillos".

Carballo pon en valor o trato que dá a lei á educación inclusiva e medidas concretas recollidas no texto como a creatividade ou o emprendemento nas aulas". Con todo, lamenta que a oitava lei educativa da democracia non naza con consenso de todos os grupos políticos: "É a oitava lei da democracia e nace con ese pecado de orixe que é non partir dun consenso básico de todas as forzas políticas. É un problema que non sei se se poderá solucionar na tramitación parlamentaria".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia