CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O comezo do Mundial de League of Legends, co 'caster' galego Cabramaravilla

04/10/2019 - 10:14 h

O Cuarto Millenial do Galicia por diante ábrese hoxe aos deportes electrónicos: os eSports. Víctor Pérez Currás cóntanos por que triunfou o Mario Kart, con 96 millóns de descargas na súa primeira semana, e por que vai fracasar agora.

Ademais, coincidindo co mundial de Legue of Legends, que chega por primeira vez a Europa; falamos sobre o éxito do LOL e este tipo de eventos co caster santiagués Manuel Martínez, Cabramaravilla, un dos máis recoñecidos a nivel internacional: "Hai un público moi especializado, que consume 15 ou 20 horas semanais de este entretemento".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí