CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Propaganda política exterior

03/10/2019 - 07:38 h

Se che digo a verdade, non sei moi ben en que estamos. É dicir, non sei se imos a unha campaña sen propaganda exterior ou non. Sei que se xuntaron os partidos a falar, que todos estaban de acordo en suprimila e que o PNV se desmarcou dicindo que era unha proposta demagóxica e cínica. Logo, na interpretación da prensa escrita, pódese ler no ABC, por exemplo: “Todos, menos o PNV, acordan suprimir a propaganda exterior”. Pero, cando se le El País, a información é: “Os partidos non logran un acordo para abaratar a campaña do 10 de novembro”. A información é parecida, pero eu non son tan listo como para deducir se veremos carteis e fotos dos candidatos nos farois ou non a veremos. Esta empeza a ser unha cuestión de fe. Se o requisito era que houbese unanimidade das forzas políticas, está claro que non haberá propaganda por culpa do PNV. Pero tamén se pode tirar para diante sen carteis e que o PNV sexa a excepción.

Dito isto, hai que lembrar que a parte económica das eleccións foi un dos primeiros argumentos que se utilizaron en contra da repetición. Falouse de 140 millóns de euros, que non me parece unha cantidade esaxerada para unhas elección xerais. E engadiuse que a economía dos partidos non anda tan boiante como para andar tirando os cartos en propaganda que non está claro que decida moitos votos. De feito, a maioria dos votantes chegan á campaña coa decisión tomada.

A diferenza engadida desta convocatória é que a campaña oficial, porque a real xa está en marcha, vai durar só unha semana. Gastar tanto diñeiro para sete días de exposición ao público é realmente um dispendio ou paréceselle moito. Se o Partido Nacionalista Vasco é rico e ten moitos cartos, debería ter algo de solidariedade cos pobres e xuntarse a eles nesta política de aforro. Pero está claro que a xenerosidade non existe nos partidos políticos.

Así de confusa e complicada está a cousa. O único certo é que os partidos gastan demasiados cartos sempre. E non só nesa propaganda á que agora queren renunciar. Gastan moito en actos para convencer ós xa convencidos. Gastan moito en burocracia, que se resente en canto perden algunhos escanos o perden diñeiro nas subvencións. E gasta moito en ostentación, cando o país non está para moitas alegrias, como onte se empezou a ver na Bolsa e estáse vendo nos indicadlores xeráis da economía.

Si non lles queda máis remedio que facer propaganda exterior, que a fagan. Pero non teñen por que encartelar todo o país. Unha mostra de austeridade estaría mui ben como exemplo para todos os cidadáns.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí