CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Alfonso Nogueiro, director xeral de Faconauto: "A nova normativa europea de CO2 vai traer ofertas para os coches diésel e para os eléctricos"

03/01/2020 - 08:14 h

Os donos dos concesionarios de coches avanzan que este ano haberá ofertas moi agresivas para que os consumidores poidan mercar coches alternativos á gasolina. É froito da nova normativa europea, que establece multas para as fábricas que produzan coches contaminantes en CO2.

A norma, que entrou en vigor o día 1 de xaneiro, di que os fabricantes non poden superar, como media de tódolos coches producidos ó longo do ano, os 95 gramos de CO2 por quilómetro percorrido. Se superan esa media terán que pagar 95 euros por cada gramo extra e cada coche.

É por iso que se agarda que as fábricas fomenten especialmente os coches que consuman enerxías alleas á gasolina, xa que é a que produce máis CO2. Deste xeito, di Faconauto, haberá ofertas moi agresivas para os de gasóleo e os eléctricos.

"Esta entrada desta normativa europea dos 95 gramos/quilómetro estou seguro de que vai traerlle ó consumidor final ofertas por parte dos concesionarios e das marcas fundamentalmente para os vehículos diésel e para os eléctricos que achegarán aínda moito máis a posibilidade de facer ese troco e poder facer un 2020 sobre rodas para que nos vaia ben a todos".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí