CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Avogacía do Estado descarta a rebelión en Cataluña

02/11/2018 - 08:03 h

Asunto da maior relevancia política e xurídica. División das acusacións oficiais, o cal debilita ás propias acusacións. A Fiscalía parece que vai manter a cualificación de rebelión. A Avogacía do Estado rebaixa un grao e déixaa en sedición. Un delito tamén moi grave, que pode ter penas de ata quince anos de cárcere, pero é máis baixo que a rebelión.

"Cuestión técnica importante: a Fiscalía é unha institución autónoma. Meterlle presión desde o Goberno sería non respectar esa autonomía. A Avogacía do Estado pódese considerar o brazo legal do Goberno. Depende directamente do Ministerio de Xustiza. E, polo tanto, obedece as instrucións do Goberno. Polo tanto, do seu presidente. A cualificación que propón é o criterio que subscribe Pedro Sánchez. E, como Pedro Sánchez sostivo hai pouco que o ocorrido en Cataluña foi unha rebelión, agora cambiou de criterio. E, se cambiou de criterio, é que estamos ante o xesto esperado ou prometido para conseguir os votos independentistas aos orzamentos ou é unha peza máis do proceso de desinflamación".

"Se se buscan os votos dos orzamentos, eu non chegarei tan lonxe como Pablo Casado, que fala dunha indecencia coa que o Goberno “humilla” a España. Pero si digo que se acerca moito ao que dixo hai uns días o presidente da Empresa Familiar: que se está gobernando con curtopracismo en función prioritaria de manter o Goberno. E non hai curtopracismo máis evidente que aprobar uns orzamentos para un ano".

"Eu non subscribo que con este xesto se atente contra a división de poderes nin a independencia xudicial. Pero si digo que se ofende a moita xente que aplaudiu ao xuíz Llarena. E digo tamén que se lle dá a razón ao tribunal alemán que non viu rebelión no caso de Puigdemont. E acabo dicindo que, se ao final o Supremo condena por rebelión, a desinflamación de hoxe pode ser un conflito aínda peor".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia