CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Seijas: "Non hai ningún indicador económico que leve a pensar que as vendas de vehículos seguirán baixando"

02/08/2019 - 08:04 h

Tras o descenso das matriculacións de vehículos en xullo, dende o sector confían en que nos próximos meses as cifras viren para volver á senda do crecemento. 

É o que considera o director xeral da área de turismos do concesionario Pérez Rumbao. Ramón Seijas entende que estes nove meses de caída débense á incerteza que xerou no consumidor o anuncio do Goberno de que había que abandonar o diésel e mercar coches máis ecolóxicos.

"Esa falta de información que se transmitiu ao marcado, chegou ao consumidor que quería cambiar de coche pero non sabía a que tecnoloxía dirixirse".

Con todo, Ramón Seijas é optimista de cara aos próximos meses porque "non hai ningún indicador económico que leve a pensar que as vendas de vehículos seguirán baixando".

En canto ao descenso en Galicia das matriculacións, que foi superior á media do Estado, Seijas atribúeo a que na nosa comundiade o consumo de diésel é máis acusado. Confía en que as axudas que puxo en marcha a Xunta que a transición cara o coche eléctrico non sexa tan abrupta dean o seu froito.

"O plan vainos axudar porque en Galicia existe unha demanda latente de renovar o parque automobilístico, non só pola inseguridade dos coches senón polo que contaminan".

"De momento, os vehículos diésel copan o mercado pero os eléctricos e os híbridos van fanceo pouco a pouco o seu oco". 

Con todo, se o panorama non cambia e a venda de coches segue caendo, Ramón Seijas cre que incluso pode haber despedimentos nos concesionarios.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí