CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Manuel Campo Vidal: "O exceso de información durante a pandemia chegou a angustiar moita xente"

30/05/2020 - 16:27 h

A crise da Covid-19 ofreceu unha nova realidade para moitos ámbitos. O da comunicación e a información non foi alleo. O xornalista Manuel Campo Vidal pasou polo Galicia por diante fin de semana para conversar sobre a sobreexposición mediática dos xestores da crise, do exceso de información e das novas prácticas que se puxeron en marcha nos mass-media.

Campo Vidal advertiu: "Deuse, en certos casos, o que chamamos infoxicación, mesturando información e intoxicación. Foi demiada información que incluso xerou angustia en moita xente".

Sobre as moitas comparecencias de prensa que tiñan lugar a diario Campo Vidal afirmou que "Estar tan sobreexposto provoca algúns desatinos como os que escoitamos nos últimos días, pero quizáis son os mesmos que acontecen sempre, o que pasa é que estamos máis pendentes e por iso non pasan desapercibidos".