CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Eduardo Fernández: "Tras unha lesión medular, son fundamentais os que te rodean"

30/05/2020 - 15:17 h

Na última semana coñeciamos varios casos de lesionados medulares provocados por tirarse á auga de cabeza.

Victoria Rodríguez convidou ao Galicia por diante fin de semana a Eduardo Fernández Calvo, ex-cociñeiro, autor do blog Comedere sobre gastronomía e accesibilidade e que quedou tetrapléxico a causa dun accidente na auga hai 10 anos. 

Eduardo lembou como foi o seu caso e como trocou a súa vida en apenas uns segundos: "Nun momento cambia todo. Xa tivera cinco días antes un incidente noutra praia. Ás veces pensas que podería pasar, pero creo que igual se non fose ese día sería outro. Non penso con rancor".

Eduardo falou tamén sobre o apoio da familia tras un accidente desas características: "A lesión medular non é só ir en cadeira de rodas. Hai moito máis arredor. Moitas máis patoloxías e incluso dificultades. A función dos que te rodean é fundamental, tendo en conta que cada lesión ten o seu nivel de dependencia".

Eduardo, tras o seu accidente, foi un exemplo de superación. Continúa ofrecendo o seu testemuño sobre como afrontar unha lesión medular, advertindo dos perigos de lanzarse de cabeza á auga e, dende o seu blog Comedere, chamando á atención sobre as necesidades de accesibilidade para persoas en cadeira de rodas.