CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Gonzalo Caballero defende a transición cara a enerxías menos contaminantes

29/09/2019 - 08:18 h

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega gravada o venres, o secretario xeral do PSdeG defende a transición cara enerxías menos contaminantes e atribúe a viabilidade das centrais á evolución do mercado de emisión e do mix enerxético.

Neste senso, afirma "cremos que hai que traballar or unha transición ecolóxica importante, cremos que hai que apostar por unha Galicia que respete o medio ambiente, pero dende logo temos tamén na prioridade do emprego algo que é consustancial a nós". E engade que "Nós queremos estar cos traballadores e temos que buscar mecanismos de transición ecolóxica xusta que a través de enerxías alternativas ou outras vías industriais permitan reacomodar á poboación".

Ademais, asegura que "iso é o que preocupa en Galicia. Non preocupa tanto a actividade en si mesma, senón que os traballadores poidan ter unha saída". 

Caballero tamén defendeu na Radio Galega o compromiso do Ministerio de Facenda para atopar unha solución xurídica que permita transferirlle a Galicia e ás outras comunidades os fondos autonómicos que permanecen bloqueados e xustifica o cambio de criterio do Goberno polo cambio de escenario e a convocatoria electoral: "O que dicía o Goberno é que un goberno en función antes dunha convocatoria electoral e sen orzamentos xerais do Estado había un informe da Avogacía do Estado que implicaba que iso non se podía actualizar nese momento porque comprometía a acción do vindeiro goberno que saíse elixido nesa lexislatura".

Pechou esa lexislatira porque hai unha convocatoria electoral e o escenario mudou e a Avogacía do Estado está buscando mecanismos para facelo. Todos os cidadáns entenden que un goberno que non ten orzamentos non pode gastar alegremente miles de millóns de euros sen orzamentos para xustificar os gastos". Insiste, ademais, en acusar a Xunta de seguir unha estratexia de confrontación que tacha de "estratexia de botafumeiro" e "teatriño".

O secretario xeral do PSdeG tamén marca distancias coa diputada socialista Pilar Cancela que estes días lembrara o bipartito para asegurar que non é bo un "goberno bicéfalo" en relación ás negociacións frustradas con Podemos para a investidura de Pedro nchez. Gonzalo Caballero defende os pactos con outras forzas de esquerdas en gobernos municipais e deputacións e de cara ás próximas autonómicas di que "imos ter toda a capacidade de establecer grandes acordos".

Cando se lle pregunta se como Pedro nchez non durmiría ben tendo vicepresidentes doutras formacións, Caballero di que "toda a cidadanía dorme moi ben cando goberna o Partido Socialista en Galicia" e engade que "todos imos estar máis tranquilos se acadamos un goberno progresista que permita saír do escenario de crise, de decadencia, desa estabilidade dos cemiterios que nos deixa Feijóo".

O líder dos socialistas galegos tamén se compromete a ser inflexible la aplicación do código ético do seu partido ante casos de corrupción. Logo de que esta semana Pilar de Lara concluíse a investigación sobre o caso Garañón e ordenara abrir procedemento contra Orozco e Besteiro, Gonzalo Caballero amosou o seu respecto a todas as decisións xudiciais e engadiu: "Traballo nun novo PSdeG, nun PSdeG que ten un compromiso claro contra calquera problema de corrupción. Respectamos a presunción de inocencia, pero dende logo temos un código ético moi estrito que fai que cando algún representante institucional da nosa organización se lle abre proceso de xuízo oral nese momento deixa de ser militante".