CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Miguel Tellado: "O Goberno central pretende non pagar máis da metade da débeda a Galicia"

22/09/2019 - 08:19 h

O PP galego esíxelle ao Goberno central que lle transfira a Galicia os 700 millóns de euros que lle debe, e non só unha parte deses cartos, como parece que pretende, según algunhas informacións, o Ministerio de Facenda.

Así o dixo nunha entrevista na Radio Galega o número 2 dos populares galegos. Miguel Tellado denunciou que seguirían bloqueados 370 millóns correspondentes ao IVE e ao cumprimento do obxectivo do déficit. Na súa opinión, o Goberno central quixo chantaxear as autonomías bloqueando eses cartos, e que agora mudou de opinión por interese electoral.

En clave galega, asegurou que no inminente debate sobre o estado da autonomía os populares demostrarán, dixo, que garanten a estabilidade do goberno. Tellado reiterou que Núñez Feijoo esgotará a lexislatura, e sobre se o presidente galego optará a un novo mandato dixo que está seguro de que Feijoo vai antepoñer os intereses de Galicia ás súas aspiracións persoais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí