CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública: "A circulación da variante británica en Galicia supera o 25%"

20/02/2021 - 09:06 h

O Sergas detectou 67 casos de variante británica en Galicia.  Con todo, á espera dos resultados dun estudo, estímase que a prevalencia desta variante na nosa terra supere o 25 por cento que estimaba o Ministerio de Sanidade hai uns días. 

Segundo explicou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, hai 67 casos secuenciados ata o día de hoxe na nosa comunidade. De momento prefire non aventurar máis datos porque se está á espera dun estudo que mostre a incidencia real desa variante.  

Respecto aos casos detectados no colexio Paradai de Lugo e a súa posible relación coa variante británica, Durán volve chamar á precaución. Para dar esta tese por boa hai que secuenciar, non só vale coa PCR. Pero non desbota que tras os 40 casos detectados neste centro estea esta variación do Sars-Cov-2.