CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antonio Fontenla: "Preocúpanos o pacto PSOE-Podemos. Teño esperanza de que non se concrete"

17/11/2019 - 08:19 h

Nunha entrevista na Radio Galega, o voceiro da CEG urxe o novo Executivo á aprobación do estatuto para as electrointensivas: "Debería ser a primeira medida que tome". Advirte do risco de que de o consello de administración de Alcoa "se canse e diga pechamos isto. E fannos un sete". O voceiro da patronal galega pide tamén que se busquen alternativas para a térmica de Endesa nas Pontes: "O tema xa está condenado. Xa non é que haxa que buscar unha solución. Xa é que está condenado e agora hai que resucitalo, o cal é bastante máis difícil".

Antonio Fontenla anuncia tamén na Radio Galega unha solución en días á crise institucional da CEG. Avanza que se convocará unha asemblea "case seguro neste mes" para convocar eleccións para o mes de xaneiro e di que falou con el "xente que ten intención de presentarse".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí