Galicia por Diante Fin de Semana
O conselleiro de Sanidade abre a porta ao regreso dos universitarios ás aulas, pero posterga outras relaxacións
No 'Galicia por diante da fin de semana', o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, salienta a boa evolución dos datos da pandemia. Con todo, fixo un chamamento á prudencia, sobre todo pola alta ocupación que se dá aínda nas unidades de coidados intensivos.
Preguntado polos primeiros sectores que se verían beneficiados por unha eventual flexibilización futura nas restricións, o conselleiro sinalou o ensino universitario.
Á espera do que decida este luns o comité clínico, o conselleiro non considera que se vaian flexibilizar axiña os peches perimetrais. Comesaña tamén dixo que o comité clínico analizará se manter os peches perimetrais por concellos, por grupos de concellos veciños ou ir a peches por áreas sanitarias.