CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Foi un San Froilán distinto, pero non quixemos deixar de conmemorar unha data tan significativa"

11/10/2020 - 08:53 h

Penúltimo día das festas San Froilán en Lugo. Un San Froilán diferente e atípico. Así o apuntaba a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana. Tamén asegurou que a afluencia de xente foi máis reducida ca outros anos.

Con temor a repuntas polas reunións familiares, aínda vixente polos dous últimos días de celebración con festivo nacional incluído, comezaba hai unha semana un novo San Froilán. Desta ocasión reducido por mor das medidas para afrontar a covid-19.

Desde o concello quéixanse pola menor afluencia de asistentes en comparación con outros anos aínda que esta fin de semana -din- notouse máis movemento provocado, en parte,  polo bo tempo.
Con todo, Méndez sinala que querían conmemorar unhas datas moi significativas para a cidade. Unhas festas que cargan de optimismo e positivismo aos cidadáns fronte ao mal momento que se está a atravesar por mor da pandemia.

Hoxe celébrase o día das mozas e esta mañá realizábase a ofrenda a Rosalía de Castro, en que os cidadáns se ataviaron co traxe tradicional co fin de honrar a cultura galega.