CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Román Rodríguez, conselleiro de Educación: "As medidas implementadas están dando bos resultados. Temos moitos menos casos, menos aulas afectadas ca o conxunto de España"

11/10/2020 - 08:09 h

O conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, avalía positivamente o comezo do curso en Galicia á luz do número de casos e aulas afectadas pola covid-19.

A media, dixo Román Rodríguez na Radio Galega, é moi inferior á española. Rodríguez tamén avanzou a modificación do decreto que regula os comedores escolares dependentes da Xunta para que non só familiares de primeiro e segundo grao sexan coidadores.

Nunha entrevista, Román Rodríguez aseguraba que con esta medida pretenden mellorar o servizo e adaptalo á realidade da covid-19. Tamén prevé presentarlles a familias e concellos un protocolo para que se poidan realizar actividades extraescolares.