CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O alcalde de Cervo reclámalle ao goberno central unha solución para Alcoa

05/10/2019 - 08:43 h

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, ve "necesario mobilizarse para visibilizar o grave problema que suporía para toda a mariña lucense o posible peche da planta de Alcoa en San Cibrao".

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Villares urxiu o Goberno Central a tomar unha decisión o antes posible sobre a tarifa eléctrica que lle permita á planta poder producir dun xeito máis competitivo en Europa.

"Hai que evitar posibles pasos irreversibles por parte da empresa, que leva máis dun ano advertindo que non é competitiva polas amplas perdas", engadiu.

O rexedor suliñou que Alcoa supón o 32% do PIB da provincia de Lugo, polo que o "peche de Alcoa en San Cibrao tería consecuencias moi graves para economía, suporía matar toda a comarca, e tamén tería repercusión en toda a provincia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí