CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O plan do xabaril chegará a 33 concellos galegos

05/10/2019 - 08:19 h

O xabaril causou no que vai de ano en Galicia máis de 1.800 accidentes de tráfico, o que está a supor un problema de seguridade viaria. Así o dixo esta mañá nunha entrevista na Radio Galega a directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Belén do Campo. Nela detallou as accións que se van desenvolver dentro do plan do Goberno galego para loitar contra a superpoboación de xabarís. Un plan que contempla catro zonas de emerxencia cinexética que inclúen 33 concellos galegos. Neles poderase cazar todos os días ata finais de febreiro de 2020. Unha iniciativa en que será fundamental, dixo, a colaboración dos tecores.

Belén do Campo subliñou que no que vai de ano rexistráronse xa 4.000 avisos por danos causados por estes animais nos cultivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí