CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Peque: "Viñemos a gañar este torneo e así o amosamos. Controlamos de principio a fin"

31/08/2019 - 18:15 h

O Burela F. S. clasificouse para a final do Torneo Catro Nacións que se está a desputar en Italia entre os gañadores de Copa de varios países europeos tras vencer na semifinal ao  conxunto ruso do Lagoa Uor por 9 a 2.

A xogadora Peque pasou polo Galicia en goles para valorar o triunfo lucense: "Foi un partido moi serio pola nosa parte. Amosouse que a liga española ten outro ritmo. Viñemos polo título e demostramos que así foi. Tiñamos referencias da liga rusa a través de Internet. Ao final, o nivel da liga española fai equipos coma a liga española, que teñen moito nivel".

O Burela xogará a final mañá ás 15:00 ante o gañador da segunda semifinal que enfronta o Kick Off de Milán e o Budstar ucraíno.

"Quedaremos para ver a segunda semifinal porque queremos gozar deste torneo. A nós gústanos xogar contra os rivais que teñen máis nivel, e Italia ten moito potencial".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí