CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

A Radio Galega amplía a oferta deportiva na nova temporada

31/08/2019 - 15:30 h

O luns 2 de setembro comeza a nova programación da Radio Galega.

A emisora pública amplía a emisión deportiva.
A novidade é o espazo de deportes en A crónica, de luns a xoves ás oito e media do serán, da man de Paco Santos.
Continúa Zona mixta, de luns a venres, de tres a catro da tarde, con Carlos Alonso.
Ao contraataque mantén a súa emisión ás once da noite, de domingo a xoves, con Pedro Pablo Alonso.
E nas fins de semana, o protagonismo é para Galicia en goles.
Os venres, de oito e media do serán a doce da noite, con Paco Santos.
Os bados, de tres da tarde a once da noite, e os domingos de doce do mediodía a dúas da tarde e de tres da tarde a once da noite, con Xoán Galán e Rodrigo Pérez.
Ademais, haberá Galicia en goles a diario sempre que xoguen Celta, Deportivo, Lugo ou Obradoiro.
A oferta deportiva non remata aquí. Os bados, a Radio Galega ofrece tres produtos máis. De unha a dúas da tarde, Convivir deportivo, con Alfonso Pardo; ás once da noite, Gas a fondo, a revista do motor, con Rodrigo Pérez; e de once e media a doce da noite, Toni López García continúa o ciclo olímpico con Galicia en Toquio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí