CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Denis Suárez: "É un punto importantísimo"

30/08/2019 - 22:31 h

Denis Suárez foi o gran protagonista do empate do Celta no nchez Pizjuan ante o Sevilla. O de Salceda de Caselas foi o autor do tanto celeste e valoraba o partido no Galicia en goles.

"Un gol que dá un punto importantísimo. Se queremos estar arriba estes son os rivais que van estar aí. Eles tamén tiñan calor. É un moi bo punto tal e como se deu o partido. Estamos aprendendo a sufrir, pero temos que seguir mellorando porque chegou outro gol dun centrolateral".

O ex do Fútbol Club Barcelona referiuse á non convocatoria súa nin de Iago Aspas pola selección española: "Non estou decepcionado pola non convocatoria da selección. Aínda queda moita temporada. Sorprendeume máis a ausencia de Iago, que é o Zarra das tres últimas temporadas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí